EDUCACIÓN AMBIENTAL
O noso Proxecto «Traballando Hábitos e Valores en Educación Ambiental» gañou o PREMIO PROVINCIAL do concurso Voz Natura organizado polo grupo La Voz de Galicia, no que participaron 160 centros de toda Galicia.
Quedamos os primeiros entre 50 colexios e institutos da provincia de Pontevedra.
O Proxecto Consiste en:
- Traballar os Hábitos e Valores relacionados coa Educación Ambiental.
- Estudar o noso entorno inmediato (a ripisilva ou bosque de galería do río Tea, en «A Moscadeira»).
- Mellorar o noso entorno: o Colexio, o río Tea e os montes comunais do Concello de Ponteareas.
Obxectivos Xerais
- Concienciación: Axudar a adquirir conciencia do medio ambiente global, sensibilizando sobre estas cuestións.
- Coñecementos: Adquirir unha diversidade de experiencias e comprensión do medio e dos problemas anexos.
- Comportamentos: Comprometerse cunha serie de valores e sentir interese e preocupación polo medio ambiente.
- Actitudes: Favorecer a adquisición de actitudes necesarias para determinar e solventar problemas medioambientais.
- Participación: Proporcionar a posibilidade de participar activamente na mellora do medio ambiente.
Actividades por Curso
- 1º Primaria: Reciclaxe de papel, plásticos, pilas e materia orgánica.
- 2º Primaria: Obradoiro de xoguetes e instrumentos musicais con material de refugallo.
- 3º Primaria: Construción dun herbolario.
- 4º Primaria: Viveiro de plantas autóctonas.
- 5º Primaria: Construción de cocopelos.
- 6º Primaria: Reducir, reemprazar, reutilizar e reciclar.
- 1º ESO: Obradoiro de papel reciclado. Identificación das árbores e dos vertebrados da ripisilva. Estudo climatolóxico.
- 2º ESO: Limpeza do río. Estudo da xeomorfoloxía do río. Cálculo da velocidade e aceleración da auga do Río Tea.
- 3º ESO: Obradoiro de xabrón caseiro. Análise das rochas e minerais do Tea.
- 4º ESO: Exposición fotográfica «O Tea, o río que xa foi».
Aula da Natureza
Recollida quincenal de papel para reciclar. Campaña de recollida de pilas usadas. Plantación de árbores nos montes en man común da Comarca polo alumnado de Primaria.
