Este Proxecto lévase a cabo en Infantil 4 anos. Nel as familias son os verdadeiros protagonistas.
Cada semana a familia da/dos alumnas/os ven ó colexio a contar o seu traballo, a súa profesión. De ser posible, realizase unha pequena excursión ó seu lugar de traballo para vivilo in situ.
As familias, orientadas sempre pola profesora, intentan contar de xeito ameno, divertido e incluso moitas veces participativa, o seu traballo ás nenas e nenos da aula.
Deste xeito, o alumnado poderá visitar desde unha cafetería, a unha clínica fisioterapéutica, participar dunha sesión de aeróbic ou incluso seren testemuñas directas dun corte de pelo ou dunha limpeza nunha clínica dental.