O Proxecto Lector é unha iniciativa transversal na que participa todo o profesorado para promover hábitos de lectura. Este proxecto persegue fomentar o interese do alumnado pola lectura en Lingua Castelá, Galego e Inglés ó tempo que procuramos:
-
Mellora dos resultados académicos a través da mellora da calidade lectora do alumnado.
-
Mellorar a velocidade lectora do alumnado e aumentar a capacidade de comprensión lectora.
-
Fomentar o interese pola lectura.
-
Implicar ás familias.
-
Ofertar animación á lectura.
-
Buscar recursos para ampliar os coñecementos adquiridos na aula: Novas Tecnoloxias.