Co Proxecto Aula Verde preténdese incentivar o alumnado para que manteñan o seu espazo de traballo limpo, ordenado e dun xeito respectuoso co Medio Ambiente.
Unha vez á semana, e sen previo aviso, as aulas reciben a visita dos “xuíces”, que avalían as condicións de limpeza, bo estado do material e orde da clase.
Ao final de cada mes, a aula gañadora recibe un Diploma acreditativo e ademais cada un do seu alumnado obtén un agasallo.
Ao remate do curso, a aula que acade máis veces o recoñecemento de clase máis limpa obtén un premio especial.