A- Descrición do Centro:
B.- Organigrama de Autoprotección do Centro:
Director Gregorio Amoedo Troncoso
Xefe de Estudos José Manuel Davila Peleteiro
Secretaria Noémy Amoedo Amoedo
Administrativa Tamara Carrera Álvarez
Conserxe Lino Ocampo Veiga
Responsable de Infantil Montserrat Méndez (Pilar González)
Responsable de Primaria Miguel Ángel Domingo Hernández (Patricia García Expósito))
Responsable de Secundaria Rosa Mera Lago (Mª Carmen Porto Carrera)
C.- Funcións Xerais do Proxecto de Autoprotección Escolar:
- Prevención e Mantemento. Impedir, na medida do posible, a aparición do sinistro.
- Combatelo, limitando o seu alcance e volume.
- Evacuar ao persoal.
- Prestar axuda sanitaria e moral ao mesmo.
- Chamar aos servizos de urxencia e cooperar con eles.
- Proceder á rehabilitación dos servizos.
1.- Detección do motivo da evacuación.
Se é un profesor ou persoal non docente o que detecta o foco motivo de perigo, avisará ó director, administrativa, xefe de estudos ou responsable do pavillón correspondente que coordinarán a evacuación.
Se é un alumno, avisará ao profesor máis próximo quen cumprirá o paso anterior, e volverá á clase inmediatamente
2.- Desaloxo.
É moi importante:
- Mante-la orde.
- Saír ordenadamente sen correr.
- Atende-las indicacións do profesor.
- Non falar durante a evacuación.
- Non pararse a coller nada.
- Permanecer xuntos no punto asinado.
- Pechar ventás e portas que poderían facer de tiro no caso de ser lume o foco.
3.- Consideracións Xerais.
A. Alumnos.
Os alumnos deben coñecer:
1. Quen é o seu líder e o suplente.
2. Quen é o seu cerre e o suplente.
3. A posición na que deben colocarse para saír.
4. O percorrido que deben facer.
5. O lugar de concentración e o alternativo.
6. A posición que deben ocupar na concentración.
Toda esta información deberá ser facilitada polo titor.
B. Profesores.
Os profesores deben coñecer:
1. O sinal de desaloxo.
2. O número de cada aula.
3. O percorrido e punto de concentración de cada unha das aulas nas que se poidan atopar en calquera momento.
4. A súa función dependendo da aula na que se atope.
5. A situación das chaves.
6. O material contraincendios que lle corresponda usar.
C. Chaves.
Estarán perfectamente identificadas con letreiros rechamantes.
I. Primaria: as chaves da porta da rampla, da entrada a 6EP e da saída de 6EP estarán situadas na aula 3. colgadas na cara interior da folla da porta que normalmente non se abre.
II. Infantil: as chaves de acceso ás ramplas de 6EP estarán colocadas na aula de Infantil 5 anos. Haberá dous mollos (rampla traseira + recibidor e rampla dianteira + acceso a Primaria).
III. Secundaria: non son necesarias chaves, todo está aberto.
IV. Despachos: A porta exterior do corredor de acceso ao Laboratorio abrirase ás 9 da mañá e non se pechará ata remata-las actividades lectivas. Na parte Central nos son necesarias chaves, todo está aberto. A porta oeste do corredor da parte esquerda, non precisa chave.
D.- Normas.
? Farase unha reunión por pavillóns cos profesores que nalgún momento poidan estar nel para dar a coñece-lo contido e desenvolvemento do Proxecto de Evacuación, a partires de aquí, os profesores responsabilizaranse de estar ao día de todos os posibles cambios que se poidan producir por motivos de modificación de ubicación dos cursos.
? Cada titor terá organizado perfectamente e ensaiado coa súa clase as saídas no menor tempo posible. Terá designados fixos, no caso dos alumnos de 5EP, 6EP e da ESO, os alumnos responsables de encabezar e pechar grupos, así como, o punto de agrupamento e o punto alternativo.
? Farase un simulacro por aula, por planta e por pavillón. En todos os casos as conclusións (tempos, orde, nº de persoas, incidencias) serán recollidas por escrito, nun informe elaborado polos responsables e trasladado á Comisión correspondente. Estes informes serán enviados á Inspección Educativa xunto coa memoria fin de curso.
? Cada titor dará a coñecer aos seus alumnos todas as opcións tendo en conta os diferentes lugares nos que se poden atopar.
? Cada profesor terá sempre presente a situación das chaves cando se atope nunha clase na que poida necesitalas, tendo en conta as diferentes saídas.
? Unha vez desaloxada a zona de perigo tratarase de sufoca-lo foco (se fose lume) tras reunirse os responsables dos distintos pavillóns.
E. Director, Xefe de Estudos, Administrativa e Responsables de Pavillóns.
V Decatado calquera deles do motivo, comprobalo e comunicarllo aos restantes.
U O Director debe da-la alarma acordada e comunicará ao pavillón de Infantil o foco motivo de evacuación, comprobando, ao final, co profesor responsable dese pavillón a evacuación total, anotando o tempo empregado e o número de persoas desaloxadas.
U O Xefe de Estudos comunicará ao pavillón de Primaria a localización do foco, comprobando, ao final, co profesor responsable dese pavillón, a evacuación total anotando os tempos empregados na evacuación de cada planta e o total, así como, o número de persoas evacuado por planta e total.
U O Conserxe abrirá todas as portas exteriores do colexio, cortará os circuítos de calefacción e gas e apagará as caldeiras.
U O responsable do Pavillón de Secundaria (ou a súa substituta de ter clase a titular) comunicarase cos demais membros e coordinará a evacuación deste pavillón. Será a última en saír do pavillón e anotando o tempo empregado na evacuación de cada planta así como o tempo total, o número de persoas evacuado por planta e total.
É A Administrativa cortará a corrente eléctrica no cadro de contadores, de ser necesario, avisará aos Bombeiros e á Policía Municipal e comunicará no pavillón de Despachos a situación do foco, comprobando, ao final, cos profesores responsables dese pavillón a evacuación total anotando o tempo empregado.
U Supervisa-la actuación dos demais profesores comprobando o desaloxo necesario que non ten porque se-lo total.
G Unha vez comprobada a extinción total do foco, decidir, en conxunto, a volta ás aulas coa maior normalidade posible.
& Elaboración conxunto dun informe no que se recollan alomenos:
1. A detección do motivo da evacuación.
2. O seu desenvolvemento.
3. Se o Plan de Evacuación foi respectado.
4. Se a colaboración dos profesores foi satisfactoria.
5. O número total de persoas evacuadas e a súa distribución por plantas.
6. Valoración do comportamento colectivo dos alumnos e grao de acatamento das ordes dadas polos profesores.
7. Valoración do grao de suficiencia das vías de evacuación.
8. Identificación de elementos fixos ou móbiles que obstaculizaron as vías de evacuación.
9. Tempos empregados no desaloxo de todos e cada un dos pavillóns.
10. Os deterioros ocasionados a edificios e mobles.
11. As posibles lesións.
12. Conclusións pedagóxicas que se deriven desta experiencia, a efectos de futuras prácticas de evacuación.
F.- Responsables:
Pavillón de Infantil.- Montserrat Méndez Alfaro.
Pavillón de Primaria.- Profesor da aula 3.
Pavillón de Secundaria.- Rosa Mera Lago.
Pavillón de Despachos.- Tamara Carrera Álvarez.
DESALOXO DOS PAVILLÓNS
DESALOXO DO PAVILLÓN DE DESPACHOS
Parte esquerda
Tras recibir o sinal de desaloxo e saber o profesor a localización do foco motivo da evacuación:
Aula A.- Saída ao corredor e xardín ata colocarse no extremo leste deste xunto á estrada, ou saída cara ao patio traseiro que os conducirá aos campos de xogo, segundo o comunique o profesor. O profesor será o último en saír pechando todas as ventás e portas tras comprobar que non hai ninguén no interior. Colocaranse xuntos no lugar asinado para proceder ao seu reconto. Se saíron cara ao xardín, en canto estean recontados dirixiranse, en orde, ao seu panel nos campos de xogo.
Aula B.- Igual que Aula A.
No caso hipotético de atoparse as dúas aulas ocupadas, os alumnos da aula A serían os primeiros en saír, o seu profesor, os alumnos da aula B e o seu profesor que sería o responsable de comprobar que non queda ninguén no interior das dúas aulas nin no corredor.
Parte central
Estas están unicamente ocupadas por persoas adultas entre as que se atopan o Director, a Administrativa e o Xefe de Estudos que son os responsables directos da organización da evacuación. Saída inmediata ao recibidor e ao xardín.
Os profesores sen clase poranse rapidamente ao dispor dos coordinadores e axudarán a evacuar Educación Infantil e a agrupar os alumnos no exterior (campos de xogo e/ou xardín) e de ser o caso cortar o tráfico na estrada para sacar os alumnos do Centro.
Se o foco é o cadro de contadores, o primeiro profesor en detectalo botará man do extintor e tentará de sufocalo. Os demais desaloxarán o pavillón, avisarán aos responsables e o de menor idade collerá a mangueira do xardín preparándoa para ser usada en caso de necesidade.
Parte dereita
Aula de plástica.- Ao recibir o sinal, os alumnos, colocaranse en ringleira co alumno coordinador á cabeza e sairán inmediatamente ao xardín a través do corredor pegados á parede da esquerda ata colocarse na parte máis leste xunto á estrada. O profesor cortará a corrente eléctrica e sairá tras comprobar que non queda ningún alumno dentro; pechando ventás e portas. Os alumnos colocaranse todos xuntos para proceder ao seu reconto e posterior traslado ao seu panel.
Biblioteca.- As tres portas teñen que estar perfectamente identificadas. A porta C terá que estar sempre aberta cando haxa alumnos dentro e ao recibir o sinal e saber o profesor cal é o foco, sairán en ringleira co alumno coordinador á cabeza ao patio traseiro que os conducirá aos campos de xogo, ou ben, sairán pola porta B cara ao corredor principal e ao xardín situándose todos xuntos no punto sinalado para proceder o seu reconto e traslado ao seu panel.
Laboratorio.- Ao recibir o sinal e detectar o foco motivo da evacuación colocará os alumnos en ringleira para saír por un dos dous accesos dependendo da situación ata colocarse no xardín todos xuntos para efectuar o seu reconto. O profesor será o último en saír, comprobando que non queda ningún alumno despistado nin nos baños, cerrando as portas e ventás.
No caso de que estivesen ocupadas as dúas plantas, os alumnos da primeira planta agardarán, de baixar polas escaleiras, a que se desaloxe a planta baixa para saíren eles.
DESALOXO DO PAVILLÓN DE EDUCACIÓN SECUNDARIA
Coordinadora de Evacuación: Rosa Mera Lago. (Mª Carmen Porto Carrera)
En caso de recibir o sinal de evacuación deberá saír ao exterior e comunicarse cos demais membros coordinadores.
Unha vez localizado o foco motivo da evacuación debe coordinar o desaloxo deste pavillón, de ser necesario, seguindo as seguintes orientacións:
? Primeiro desaloxarase a 1ªplanta.
? Aulas 2 e 3. Os alumnos situados máis próximos ás ventás pecharanas inmediatamente. Sairán pegados á parede co alumno responsable á cabeza. Os respectivos profesores serán os últimos en saír e comprobarán que non quede ninguén na aula cerrando a porta tras de si. A aula 2 baixa pola rampla e a aula 3 baixa polas escaleiras.
? Aulas 1 e 4. Os alumnos situados máis próximos ás ventás pecharanas inmediatamente. Sairán pegados á parede co alumno responsable á cabeza. Os respectivos profesores serán os últimos en saír e comprobarán que non quede ninguén na aula cerrando a porta tras de si. A aula 1 seguirá o mesmo percorrido que a 2 e a 4 o mesmo que a 3.
? O profesor que se atope na aula 1 no momento do desaloxo será o encargado de revisar os baños e toda esta planta para que non quede ningún alumno atrás, comunicando, ao responsable, o tempo empregado no desaloxo.
O profesor da aula 4 será o responsable de manexar o extintor da súa planta en caso de lume.
Unha vez desaloxada toda a 1ª planta iniciarase o desaloxo da 2ª planta.
? Aulas 6 e 7. Os alumnos situados máis próximos ás ventás pecharanas inmediatamente. Sairán pegados á parede/varanda co alumno responsable á cabeza que non accederán á 1ª planta ata que esta estea baleira. Os respectivos profesores serán os últimos en saír e comprobarán que non quede ninguén na aula cerrando a porta tras de si. A aula 6 baixa pola rampla e a aula 7 baixa polas escaleiras.
? Aulas 5 e 8. Os alumnos situados máis próximos ás ventás pecharanas inmediatamente. Sairán pegados á parede/varanda co alumno responsable á cabeza. Os respectivos profesores serán os últimos en saír e comprobarán que non quede ninguén na aula cerrando a porta tras de si. A aula 5 seguirá o mesmo percorrido que a 6, e a 8 o mesmo que a 7.
? O profesor que se atope na aula 5 no momento do desaloxo será o encargado de revisar esta planta para que non quede ningún alumno atrás, comunicando o tempo empregado no desaloxo ao responsable.
? O profesor da aula 8 será o responsable do manexo do extintor desta planta.
? A coordinadora será a última en abandona-lo pavillón, estando situado durante toda a evacuación no descanso da primeira planta.
? Dirixiranse aos campos de xogo colocándose no panel asignado para o seu reconto.
Os profesores das aulas 4 e 8 collerán, de ser preciso, os extintores, e irán, pechando o seu grupo, ao punto de concentración. Tralo reconto, dirixiranse ao foco motivo de evacuación.
Planta Baixa
No caso de ter que evacua-lo COMEDOR, procederíase do seguinte xeito:
? Unha vez detectado o foco motivo da evacuación, o Director, abriría as portas de emerxencia desta sala situadas nas caras sur e oeste da mesma.
? A Administrativa, abrirá as dúas follas da porta principal do comedor e pechará a porta de acceso ás despensas e a da cociña. Acto seguido chamará os Bombeiros, Protección Civil e/ou Policía Local en caso de necesidade.
? Jose Lourido botará man do extintor situado entre o comedor e a cociña para o seu posible uso. De non estar presente será substituído polo profesor (home) que nese momento se atope na mesa de profesores.
? As profesoras e/ou auxiliares responsables das mesas de alumnos pequenos, cara leste, encargaranse de colocalos para unha saída inmediata por unha das dúas portas, en función do foco.
? Os profesores que non teñen mesa asignada comezarían a evacuación iniciando polos alumnos das mesas centrais cara á porta principal e das mesas oeste cara á porta de emerxencia.
? Os alumnos que saen pola porta principal situaranse nos campos de xogo, contra o valo da estrada, agrupados por mesas para o seu reconto.
? Os alumnos que saen pola porta de emerxencia oeste, rodearán o pavillón, de ser posible, e colocaranse tamén nos campos de xogo, agrupados por mesas, para o seu reconto.
? Os alumnos que saen pola porta de emerxencia sur, pasarán polo patio interior e colocaranse tamén nos campos de xogo, agrupados por mesas, para o seu reconto.
? O Director será o último en abandonar o comedor, tras comprobar que non permanece ningún alumno no seu interior nin nos cuartos de baño.
A apertura dunha terceira porta situada no fondo do Comedor, cara sur, por onde se pode face-la evacuación sen perigo de tratarse dun lume na cociña.(punto de risco) foi unha das melloras feitas neste local.
DESALOXO DO PAVILLÓN DE EDUCACIÓN PRIMARIA
No caso de ter que evacuar este pavillón primeiro temos que coñece-la situación do foco e actuar en consecuencia.
Foco situado na Planta Baixa
? O profesor da aula 3, responsable de pavillón, terá no seu poder as chaves necesarias para unha emerxencia, sendo o encargado de abri-las correspondentes portas.
? Os alumnos das aulas 2 e 1 saen pola porta de emerxencia, conducidos polo mestre correspondente, cara á Rampla Exterior, desde alí, atravesando a aula de 6EP, á rampla traseira de Infantil e saída aos campos de xogo polo recibidor de Infantil colocándose agrupados no lugar asignado para o seu posterior reconto.
? Os alumnos da aula 3 saen tralos alumnos da aula 1, do mesmo xeito e seguindo o mesmo percorrido.
? O Xefe de Estudos estará situado no recibidor desta planta para coordinar a saída e animar aos alumnos a que o fagan con rapidez e corrección, encargándose ao mesmo tempo que nos baños desta planta non quede ningún alumno. Anotará o tempo empregado na evacuación de cada planta, o tempo total e, o mesmo, có número total de persoas evacuadas. Responsabilizará a algún profesor do extintor desta planta.
? Os alumnos da aula 5, pegados á parede, e 4, pegados á varanda, baixan á primeira planta e saen pola porta de emerxencia, conducidos polo mestre ou líder correspondente, cara á Rampla Exterior, desde alí á rampla traseira de Infantil e saída aos campos de xogo polo recibidor de Infantil colocándose agrupados no lugar asignado para o seu posterior reconto.
? Na aula 6 haberá un alumno responsable de encabezar o grupo e outro de pechalo e o seus correspondentes substitutos. O profesor deste grupo será o encargado de que non quede ningún alumno na súa planta e de facerse cargo do extintor alí emprazado para dirixirse con el, tras facer o reconto, ao foco motivo de evacuación.
? Os alumnos da aula 6 saen tralos alumnos da aula 4, co mestre á cabeza seguindo o mesmo percorrido.
Foco situado nun lugar distinto á Planta Baixa
Unha vez coñecido o foco motivo da evacuación o Xefe de Estudos coordinará o desaloxo que se fará seguindo estrictamente a seguinte orde e do seguinte xeito:
? Os alumnos das aulas 1, pegados á varanda, e 2, pegados á parede, saen polas escaleiras cara á planta baixa, conducidos polo mestre correspondente, e desde alí aos campos de xogo colocándose agrupados no lugar asignado para o seu posterior reconto.
? Os alumnos da aula 3 saen tralos alumnos da aula 1, do mesmo xeito e seguindo o mesmo percorrido.
? O Xefe de Estudos estará situado no recibidor desta planta para coordinar a saída e animar aos alumnos a que o fagan con rapidez e corrección, encargándose ao mesmo tempo que nos baños desta planta non quede ningún alumno. Anotará o tempo empregado na evacuación de cada planta, o tempo total e o mesmo co número total de persoas evacuadas. Responsabilizará a algún profesor do extintor desta planta.
? Os alumnos da aula 5, pegados á parede, e 4, pegados á varanda, baixan á primeira planta e seguen polas escaleiras cara á planta baixa, conducidos polo mestre ou líder correspondente, e desde alí aos campos de xogo colocándose agrupados no lugar asignado para o seu posterior reconto.
? Os alumnos da aula 6 saen tralos alumnos da aula 4, co mestre á cabeza seguindo o mesmo percorrido.
O profesor da aula 6, tras coller o extintor (se é preciso) situado alí, será o encargado de que non quede ningún alumno na súa planta.
DESALOXO DO PAVILLÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL
Desaloxo da 1ª Planta:
? Os alumnos do Ximnasio saen pola porta leste aos campos de xogo e colócanse no lugar asignado agrupados para o seu reconto. O profesor encargarase de que ningún quede dentro, sendo el o último en abandonar a aula.
? Os alumnos da ludoteca saen ao recibidor e aos campos de xogo situándose agrupados no lugar asignado para o seu reconto polo profesor correspondente. O profesor encargarase de que ningún quede dentro nin no recibidor, sendo el o último en abandona-la aula.
Desaloxo da 2ª Planta:
? Os alumnos da Aula 1 saen ás escaleiras, co profesor á cabeza, ao recibidor e aos campos de xogo situándose agrupados no lugar asignado para o seu reconto. O profesor da aula 2 sairá tras eles, cerrando grupo, encargarase de que ningún quede dentro nin no recibidor. Se o foco fose na planta baixa, sairían trala aula 2 e un profesor libre pechará o grupo.
? Os alumnos da Aula 5
§ Se o foco detectado é no pavillón de Primaria, saen pola rampla traseira, co alumno responsable á cabeza e o peche ao final, ao recibidor e aos campos de xogo situándose agrupados no lugar asignado para o seu reconto. O profesor, cerrando grupo, encargarase de que ningún quede dentro nin no recibidor, sendo el o último en abandonar a aula.
§ Se o foco detectado é no pavillón de Infantil, saen pola rampla leste, co alumno responsable á cabeza e o peche ao final, ao pavillón de Primaria, desde alí, cando lle sexa permitido ao recibidor e aos campos de xogo situándose agrupados no lugar asignado para o seu reconto. O profesor, cerrando grupo, encargarase de que ningún quede atrasado.
? Os alumnos da Aula 4
§ Se o foco detectado é no pavillón de Primaria, saen pola Aula 5 á rampla traseira, coa profesora á cabeza, ao recibidor e aos campos de xogo situándose agrupados no lugar asignado para o seu reconto. Un dos profesores libres irá pechando grupo, encargarase de que ningún quede dentro, nos baños nin polo camiño, sendo el o último en abandona-la aula.
§ Se o foco detectado é no pavillón de Infantil, saen pola Aula 5 á rampla leste, coa profesora á cabeza, ao pavillón de Primaria, desde alí, cando lle sexa permitido ao recibidor e aos campos de xogo situándose agrupados no lugar asignado para o seu reconto polo profesor correspondente. Un dos profesores libres irá pechando grupo, encargarase de que ningún quede dentro, nos baños nin polo camiño, sendo el o último en abandonar a aula.
? Os alumnos da Aula 2 saen ás escaleiras, coa profesora á cabeza, ao recibidor e aos campos de xogo situándose agrupados no lugar asignado para o seu reconto polo profesor correspondente. Un dos profesores libres cerrando grupo, encargarase de que ningún quede dentro, nos baños nin no recibidor, sendo el o último en abandonar a aula. Se o foco motivo da evacuación fose na planta baixa, a saída, farase seguindo á aula 3
? Os alumnos da Aula 3 saen ás escaleiras, coa profesora á cabeza, ao recibidor e aos campos de xogo situándose agrupados no lugar asignado para o seu reconto polo profesor correspondente. O Director cerrando grupo, encargarase de que ningún alumno quede nesta planta, sendo el o último en abandonar o pavillón. Anotará ademais o tempo empregado e o número total de persoas evacuadas. Se o foco motivo da evacuación fose na planta baixa, a saída, farase seguindo á aula 4.
Se non se puidese facer o agrupamento nos campos de xogo e houbese que saír ao exterior do colexio faríase polo camiño de acceso ao Centro e sairíase, tras ter o tráfico cortado, cruzando a rúa, cara ó parque que temos en fronte do centro.