A MALETA VIAXEIRA


 

Trátase dun Proxecto no que participan as familias do alumnado de Infantil 5 anos.

 

Os obxectivos fundamentais son o fomento da lectura e a colaboración/cooperación entre ambas partes.

 

Un conto, elixido pola mestra a principio de curso, viaxa á casa de todo o alumnado durante unha semana.

 

O venres, cada alumna/o, leva a maleta á casa e permanece alí ata o xoves seguinte, que volve ó cole.

 

Durante esa semana, len na casa o conto e participan na súa confección ilustrando a parte que lle corresponde; sempre coordinado pola profesora.