COMEDOR ESCOLAR
Funcionamento: O servizo de comedor funcionará de Setembro a Xuño.
Pagamento: O prezo deste servizo cobrarase a comezos de cada mes.
140 €
Comensal fixo
Comensal fixo
9 €/día
Comensal eventual
Comensal eventual
Baixas: Se o alumnado causa baixa un mes e despois quere volver, aboará como eventual.
Servizo incluído: No custo inclúese a comida e a vixilancia do alumnado que fai uso do comedor.
Elaboración: As comidas son preparadas na cociña do propio Centro.
Comunicación: Ao alumnado fixo de comedor enviaráselle o correspondente menú a través da conta corporativa, de ClassDojo e/ou Classroom.
Acompañamento: O alumnado de E. Infantil que fai uso do comedor é acompañado por varias persoas adultas desde a súa clase ata o comedor.
Dietas especiais: Cando un alumno/a teña un problema alimenticio puntual, só se lle cambiará o menú se as familias o notifican por escrito ao centro.