CULTURA E TRADICIÓN
Un dos sinais de identidade máis importante da nosa vila é o Corpus Christi e, de xeito especial, o arte efímero das alfombras florais. Este feito, xunto coa celebración do Día das Letras Galegas, dan como resultado este Proxecto.
O alumnado de 6º de Primaria participa cada ano, xunto co alumnado dos outros centros educativos do noso Concello, na elaboración de Alfombras Florais para conmemorar o Día das Letras Galegas.

Proceso de elaboración
- Elección do deseño que se adapte ás medidas facilitadas.
- Realización do debuxo no plástico base.
- Picado do plástico.
- Recollida dos materiais para a confección da alfombra.
- Desfolle e picado de materias.
- Pintado do debuxo no chan.
- Perfilado.
- Recheo do debuxo.

