INGLÉS ORAL


Proxecto de Inglés
Colexio Santiago Apóstol de Ponteareas

PROXECTO DE INGLÉS

No curso 01/02, comezouse a traballar con este novidoso Proxecto na Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria. Dado o éxito obtido, no curso 02/03 ampliouse a toda a Educación Infantil e Primaria.

O Proxecto consiste en que as nenas/os escoitan e falan en inglés unha hora á semana cun profesor nativo.

Clases de Inglés

Obxectivos

  • Entender e comprender mensaxes adaptadas ao seu currículo.
  • Expresarse oralmente.
  • Asociar as mensaxes á grafía correspondente (nas clases de inglés escrito).
Alumnado aprendendo inglés

Resultados

Os resultados foron excelentes, con case o 100% de aprobados, acadando na súa parte oral a cualificación de excepcional.

Cada curso gradúanse arredor de 100 alumnas/os; 1 de cada 4 obteñen a súa Certificación.

Proxecto de inglés en acción

Recoñecementos

Dúas alumnas de 4º de ESO obtiveron a Beca High School para EEUU/Canadá.

No concurso internacional «The Big Challenge», o noso alumnado acadou o 1º posto nacional en varias ocasións.

No prestixioso concurso de deletreo en inglés «Spelling Bee», obtivemos o 1º e 2º posto competindo con máis de 60 centros da provincia.

Competicións de inglés