MISIÓN, VISIÓN E VALORES
MISIÓN DO CENTRO
A nosa Misión é a de ser un Centro de Formación que preste un bo servizo a Ponteareas e bisbarra para o seu desenvolvemento social e cultural. Queremos ser a mellor opción educativa que garanta unha boa formación, tanto humana como académica, nun clima de confianza e cuns valores compartidos dentro dun ideario cristián.
VISIÓN DO CENTRO
A Visión que pretendemos acadar inclúe os seguintes aspectos:
RESPECTO AO ALUMNADO
- Adquirir hábitos de traballo e estudo con espírito crítico e creativo.
- Levar a cabo unha educación personalizada a través dun Equipo de Orientación Psicopedagóxica.
- Desenvolver autonomía, autoestima e participación na vida escolar.
- Fomentar unha Educación en Valores dende un enfoque cristián.
- Facilitar a incorporación á vida laboral ou educativa futura mediante orientación vocacional.
RESPECTO AS FAMILIAS
- Impulsar unha verdadeira colexialidade onde toda a Comunidade Escolar participe activamente.
RESPECTO AOS PROFESORES
- Planificar e coordinar a acción docente e titorial de forma efectiva.
- Manter relacións con entidades educativas e sociais para fomentar proxectos transversais.
RESPECTO Á XESTIÓN DO CENTRO
- Manter o modelo de excelencia E.F.Q.M. para unha mellora continua.
VALORES DO CENTRO
- Respecto pola dignidade da persoa e os seus dereitos.
- Fomento de valores cristiáns: solidariedade, xustiza, liberdade e responsabilidade.
- Convivencia democrática e xusta.
- Preservación das tradicións e cultura galega.
- Esforzo e traballo como claves para o desenvolvemento persoal.
- Compromiso co medio ambiente.
OBXECTIVOS DO CENTRO
- Reducir os índices de fracaso escolar.
- Atención personalizada ao alumnado e familias.
- Incrementar a participación da Comunidade Escolar.
- Mellorar a comunicación e relación co tecido empresarial local.
- Incorporar as Novas Tecnoloxías na aprendizaxe.
- Optimizar a formación docente para afrontar novos retos educativos.