PROTAGONISTA DA SEMANA
Que é?
O Protagonista da Semana é un Proxecto-Actividade levado a cabo na Etapa de Educación Infantil, no que participan activamente as Familias.
Ao redor desta actividade xiran varias accións do Proceso Educativo.
Como se desenvolve?
Cada semana, de luns a venres, unha/un alumna/o da aula convértese en Protagonista.
O venres comunícase á familia que a/o súa/seu filla/o será o Protagonista da seguinte semana, e durante a fin de semana axudaranlle a seleccionar as fotos que levará á clase.
Ao longo da semana, na asemblea, a/o alumna/o contará a súa vida a través das fotografías, traballando o vocabulario, a expresión oral, os membros da familia e os conceptos de espazo e tempo.
O Protagonista pode traer o seu xoguete favorito, que compartirá cos seus compañeiros durante toda a semana.
Dereitos e Deberes do Protagonista
- Ser a/o primeira/o na fila.
- Facer pequenos recados.
- Encargarse de recoller a plastilina.
- Cambiar as fotos do tren para comprobar que alumnado falta ese día.
Para comezar esa semana tan especial, a mestra elabora o libro de «El Protagonista de la Semana», que quedará como recordo para as familias.
As familias tamén participan
Ao rematar a semana, as familias do Protagonista veñen á clase para contar un conto e organizar unha pequena merendola para todas/os as/os nenas/os da aula.