O 28 de novembro tivo lugar no Concello de Ponteareas un fito histórico ao celebrarse un Pleno Municipal da Infancia.
18 alumnos/as de 9 Centros do noso Concello participaron neste Pleno como Concelleiros/as presentando e defendendo propostas que eles mesmos elaboraron.
Resultou un evento fantástico; a actuación de todos os menores foi excelente.
Os alumnos encargados de representar ó noso Centro foron Brais Rey e Carmen Martínez; alumnos de sexto de Primaria.
As propostas presentadas por Brais e Carmen foron preparadas e decididas na aula; nela participaron todos os alumnos/as do grupo.
A súa exposición no Pleno foi excelente e as propostas foron moi valoradas polo Alcalde e as Concelleiras presentes así como polos representantes dos demais Centros participantes.
© 2018 CPR Plurilingüe Santiago Apóstol de Ponteareas
Design by SKT Themes
Conozca nuestra
Política de privacidad y cookies
y
Aviso legal