EDUCACIÓN INFANTIL
A Educación Infantil é unha das etapas máis importantes e de maior transcendencia na vida da/o vosa/o filla/o, por este motivo merece a pena implicarse para que todo o proceso saia o mellor posible, formando deste xeito unha familia que axudará ó alumnado a conseguir os obxectivos propostos.
Pautas de Coordinación e Organización
- En caso de enfermidade contaxiosa, debedes comunicalo telefonicamente á Dirección do Centro e non traer a/o nena/o ó colexio.
- Debedes comunicar, a través de Email, telefonicamente ou directamente á profesora se a/o vosa/o filla/o vai ser recollido por unha persoa distinta á habitual.
- O alumnado de Infantil-3 debe traer ao cole unha muda completa e un chándal por se se mollan ou ensucian.
- O xersei, a chaqueta do chándal e a prenda de abrigo deben ter bordados con fío o nome e apelido do alumnado para evitar posibles perdas ou trocos.
- O mandilón e o abrigo deben ter unha fita para poder colgalos.
- Non deben traer cadeas, pulseiras nin aneis para evitar que se poidan enganchar con eles.
- Para a hora do recreo, existe un plan de merendas semanal.
- As saídas do Centro para a participación en actividades escolares faranse sempre previa autorización que se asinará a principio de curso.
- Debedes esixir, as/os vosas/os fillas/os, responsabilidades adecuadas á súa idade. Axudádea/o no que necesite sen sobreprotexela/o.
- Procurade que na casa adquira os hábitos mínimos: ir ó servizo só, vestirse, orde e aseo persoal.
- No caso de que unha/un alumna/o se atope indisposta/o chamarase á familia e actuarase en consonancia coa decisión acordada.
- En caso de accidente escolar, actuarase do mesmo xeito. En caso de urxencia médica, e non localizar á familia, trasladarase a/o alumna/o ó centro médico concertado polo seguro escolar. (Clínica San Miguel – Ponteareas)
- Se unha/un alumna/o ten que tomar un medicamento en horario escolar, comunicaráselle á titora, por escrito. Nunca deixedes o medicamento nas mans do alumnado.
- Cando a/o alumna/o celebre o seu aniversario no cole, recomendamos moderar a cantidade de chucherías coas que se obsequia. Hai outras posibilidades.
- En outono e na primavera é máis habitual a aparición de piollos. A Consellería de Sanidade recomenda extremar a precaución en canto á hixiene e vixilancia das cabezas.
