SEMANA DA CIENCIA


Semana da Ciencia
Colexio Santiago Apóstol de Ponteareas

SEMANA DA CIENCIA

Levamos varias edicións da nosa particular Semana da Ciencia e xa temos andado bastante.

Pasamos de exposicións de experimentos a organización de xornadas con conferencias, cine, concursos e shows con experimentos.

Participamos en Galiciencia 2010, 2018 e 2019, introducindo actividades para achegar o método científico aos máis pequenos.

Semana da Ciencia 1

Obxectivos

  • Fomentar a valoración positiva cara a ciencia.
  • Achegar ao alumnado de xeito lúdico e didáctico conceptos científicos.
  • Fomentar a investigación científica.
Semana da Ciencia 2

Celebramos a Semana da Ciencia sendo parte proactiva da iniciativa organizada polo Concello de Ponteareas.

Alumnado de 3º e 4º ESO participan con ponencias no Congreso de Xóvenes Investigadores/as.

Participamos na feira científica cun sé sobre o consumo excesivo de azucre: “AZUCRE DE MÁIS”.

Dúas alumnas de 4º de ESO foron seleccionadas para expoñer o seu Proxecto en Galiciencia en Ourense, onde participamos varios anos consecutivos.