TITORÍAS


Titorías
Colexio Santiago Apóstol de Ponteareas

TITORÍAS

Acompañamento Persoal e Académico

As familias do alumnado poden solicitar entrevistas coas/cos titoras/es a través da conta corporativa, recomendándose facelo con antelación para que o equipo docente dispoña do tempo preciso de recollida de información. Este proceso garante un seguimento máis completo do rendemento e benestar do alumnado.

Titoría en acción

Funcións da/do Titora/Titor con referencia ás/aos alumnas/os

  • Dar ao principio de curso, ao seu alumnado, toda a información precisa.
  • Facilitar a integración no grupo e fomentar a participación nas actividades do Centro.
  • Coñecer o expediente, a situación familiar e escolar, e reflectilo no Caderno do Titor.
  • Realizar un seguimento trimestral co profesorado do curso, para avaliar o proceso de aprendizaxe de cada alumna/o.
  • Recoller as necesidades do alumnado e comunicalas ao Xefe de Estudos para organizar actividades de reforzo.
  • Orientar o alumnado de maneira directa e inmediata no seu proceso formativo.
  • Controlar as incidencias da aula a través do parte diario, informando as familias cando sexa necesario.
  • Coordinar os traballos extra do grupo, mediando co profesorado, alumnado e Equipo Directivo.

Con referencia ás Familias

  • Informar das actividades docentes e do rendemento académico por medio de Classroom, circulares ou reunións.
  • Participar nas reunións de inicio de curso explicando os Proxectos do Centro.
  • Implicar ás familias nas actividades de apoio e aprendizaxe das/os súas/seus fillas/os.
  • Reunirse coas familias cando o alumnado teña máis de dúas áreas suspensas, para buscar solucións conxuntas.